Mercadiño Sustentable 17 e 18 decembro

Achéganse as datas máis consumistas do ano e á vez as máis ilusionantes. Agasalla mercando con conciencia eco no Mercadiño de Nadal das Pedriñas. 17 e 18 de decembro. Cheo de actividades complementarias.
Se estás interesada ou interesado en participar, manda correo ou wasap e che facilitamos a ficha de inscrición.plantilla4

 

Publicado en A Asociación | Deixar un comentario

O MAGOSTO: FESTA, TRADICIÓN E CULTURA

Crese que o magosto é unha festa de orixe celta que marcaba o paso do verán ao outono; o remate da época na que a vida se fai fora e comezo da época en que a vida se fai no interior a carón do lume.
Era unha festa a que acudían tòdalas persoas dos poboados para celebrar así unha serie de ritos relacionados coa xustiza o dereito e a política. Ao mesmo tempo, dende un punto de vista relixioso abríase a porta do máis aló onde moraban os mortos para que aquelas persoas que tiñan deixado este mundo se pudiesen comunicar con aquelas que ainda podían falar.
Esta data celébrase de forma diferente en moitas partes do mundo, pero todas elas relacionadas con bruxas, morte, susto e lume.
Encéndese o lume, ata facer brasas, enriba das que se poñen parrillas ou tambores furados, dándolles voltas cun pau ata que estén ben asadas. Mentres tanto, os demáis participantes
da festa, buscaban un sitio axeitado para comelas.
A festa non sería tal sen contar cos xogos populares, bailes, cantos e contos. Tamén é común pintar a cara cós restos da fogueira e saltala para que dé boa sorte.
O sábado 12 de novembro, faremos continuar a tradición. Vémonos!plantilla-2
Publicado en A Asociación | Deixar un comentario

Xa chega o Samaín

O luns 31 de outubro, na véspera da noite máis misteriosa e inquietante do noso calendario, celebraremos no CSCD As Pedriñas, a Gran Festa do Samaín.
A partir das 16:30 da tarde, nenas, nenos e maiores, poderán participar no obradoiro de cociña de medo, escoitar unha contacontos e os seus meigallos, pintarnos as caras para poder dar bos sustos e como non, levar a cabaza para casa para poñer na xanela e espantar os malos espíritus.
Ven, espalla e participa!!

plantilla5

Publicado en A Asociación | Deixar un comentario

Entroido 2016

Cartel Entroido 2016 facebook

Imaxe | Posted on by | Deixar un comentario

Celebración e visita dos Reis Magos

Cartel do Mago Marco

Publicado en A Asociación | Deixar un comentario