Festa Aniversario das Pedriñas

O aniversario do c.s.c.d As Pedriñas celébrase o primeiro domingo de setembro. Faise coincidir esta data coa festa do monte de Tameiga ou festa dos cabalos no monte comunal de Tameiga. É unha romería popular que se organiza no monte do Rebullón, no lugar da Adecuación das Pedriñas. A ela acoden todos os veciñ@s co seu xantar para pasar a xornada no monte, disfrutando das exhibicións de cabalos pola mañá e das carreiras pola tarde; da demostración de puntería dos arqueiros; da actuación da banda de música ao medio día e a dos gaiteiros e as cantigas na sobremesa. É unha festa na que non faltan nen o posto de pulpeiro nen o dos xelados nen o máis esperado da festa: as carreiras de burros fariñeiros coa participación de espontáneos. Ao final da festa faise a entrega dos premios aos gañadores das distintos probas.

ANIVERSARIO1ANIVERSARIO2